Publicacións

Vacacións diferentes

Imaxe
Moi boas a todos e todas, hoxe é un día un pouco especial xa que remata a 2º avaliación, para nós como profes faise difícil non poder estar hoxe na escola desexándovos que pasedes unhas estupendas vacacións. Por isto mesmo, dende aquí quero desexárvos que pasedes unha Semana Santa relaxada, pasadeo ben, desfrutade das pequenas cousas da vida, xogade, ride, lede e sobre todo sede moi FELICES. Déixovos tamén antes de marchar un exemplo de cintas de ovos de pacua por se queredes seguir confeccionando pequenos adornos. A desfrutar chicos e chicas, unha aperta moi forte da vosa profe de reli...vémonos pronto.😍

A Pascua

Imaxe
Boas a todos e todas, agora que se achega a Semana Santa traigovos unha explicación do día de pascua, porque se lle atribúe este significado. Deixovos aquí un video que espero que vos guste: Pois ben, xa que estamos traballando a temática da Semana Santa e da Pascua hoxe invítovos a colorear esta ficha para desexar un feliz pascua a todo o mundo: E tamén vos propoño elaborar un pequeno adorno de pascua que podedes colocar onde queirades: Agardo que vos guste e os vosos resultados, recibide un saúdo con agarimo da vosa profe de reli :)

Domingo de Ramos

Imaxe
Ola a todos e todas, esta semana imos a achegarnos máis todavía os principais feitos da Semana Santa. Como vimos con anterioridade, a Semana Santa comeza o Domingo de Ramos, por iso hoxe preséntovos este vídeo no que podedes entender mellor o significado deste día e a razón pola cal se bendicen ramos de palma.                                            https://www.youtube.com/watch?v=p4JpmTXvClQ Que vos parece? Gustouvos esta historia?, pois para que vos tamén poidades celebrar o Domingo de ramos, propóñovos facer o voso propio ramo de palma, para iso deixovos un par de imaxes de exemplo: Se queres facelo é moi sinxelo: Materiais:      - Cartolina verde ou de cores      - Se non tedes cartolinas podedes facelo con folio, papel de periódico reciclado, etc. O que tedes que facer e colorear ou decorar eses papeis, pode ser de unha ou varias cores.      - Tesoiras      - Pegamento      - Un pao ou algo que faga de soporte. Pasos:      - Poñemos as nosas mans enriba do papel

A estrujar os miolos!! ;)

Imaxe
Moi boas chicos e chicas, xa estamos a venres e para que pasedes unha boa fin de semana, e despois de traballar tanto esta semana traigovos uns pasatempos para infantil e para primaria.  Nos pasatempos de infantil tedes que facer o camiño polo que debe ir o costaleiro/a, dende inicio ata o fin marcándolle o camiño do paso de Semana Santa. E para o alumnado de primaria tamén vos traigo un pasatempo no que tedes que colocar as palabras no lugar correspondente. Asique xa sabedes, a manter a cabeciña ocupada, aproveitade a fin de semana para descansar, ler e sobre todo xogar.  Xa queda menos, unha aperta da vosa profe de reli 😄 

Os Costaleros e Costaleras da Semana Santa

Imaxe
Bo día de novo a todos e todas, espero que estedes traballando e sobre todo aprendendo moito e que o video sobre a Semana Santa fose do voso agrado. Hoxe veñovos a falar dos costaleros e costaleras, que son persoas que forman parte dunha cofradía e se encargan de levar os pasos da Semana Santa a hombros. Pois para que poidades recrealos nas vosas casas e xogar con eles, hoxe traigovos unha manualidae que consiste en crear o voso propio costalero/a, un dous, tres ou os que queirades. So tedes que imprimir o modelo que mais vos guste, colorealo como queirades e logo recortalo, plegades o borde e pégadelo para darlle forma, se non queredes imprimilo podedes animarvos a debuxar a vosa propia cofradía. Estou segura de que quedarán do máis orixinais. Un saúdo da Profe de reli ;)

A Semana Santa

Imaxe
Ola de novo a todos e todas, despois desta fin de semana na que espero que aproveitarades para descansar e darlle uso o xogo que vos deixei hoxe toca traballar un pouco, primeiro deixovos de novo o video onde nos fala de xeito lúdico da Semana Santa.                                                               https://www.youtube.com/watch?v=tFlylIkKn2g Espero que vos guste, a e continuación deixovos o traballo para hoxe, tedes que atopar as letras que componen a frase "SEMANA SANTA" e colorealas, e despois escribir Semana Santa debaixo do debuxo. E para os alumnos/as de primaria non me esquezo de vos, tedes no seguinte enlace https://www.significados.com/semana-santa/  información sobre esta temática para dar resposta o seguinte traballo. Aquí volo deixo en imaxe pero podedes descárgalo para facelo no seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1sIXGrya-C02QQ5pDavTz0pXdHCoaD0ex  se vos é máis cómodo e enviarmo o enderezo deste blog, recunchodereli@gmail.

A xogar!

Imaxe
Ola a todos e todas, remata esta primeira semana de confinamento sen escola. Dicir que se trata de una situación "rara" e que nos fixo ter que buscar medios e recursos para poder teletraballar, espero que as vosas expectativas se estean a cumprir, e dar a grazas pola vosa comprensión. Dito isto, deixovos para hoxe un xogo que tiña preparado para facer cos nenos e nenas e que xa a algúns lles prometera. Trátase do xogo da oca pero coa temática da Cuaresma. Podedes imprimilo para poder xogar ou xogar nunha tablet con el. Engádovos ademáis un par de ideas para facer un dado para poder empregar nos diversos xogos que tedes na casa, e dicirvos que como fichas podedes usar botóns de cores, tapóns de botellas, gomets, etc. E aquí vos deixo tutoriais para facer dados, aunque seguro sodes moito máis creativos/as. Que teñades boa fin de semana e a coidarse moito. 😉 https://www.youtube.com/watch?v=ij4s4Ge13_Q https://www.youtube.com/watch?v=rNx4B